A Concellaría de Normalización Lingüística e a de Promoción Económica do Concello de Ames convocan a novena edición dos Premios Lingua e Empresa, orientados a recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial.
Poderán presentar a súa candidatura as empresas con sede social ou centro de actividade no concello de Ames. As empresas interesadas deben descargar este formulario e entregalo a través das canles indicadas antes do 20 de novembro de 2026.
Toda a información sobre a convocatoria podes consultala aquí.