----

Preséntase "Letras Galegas para a Eternidade: Epitafios da Costa Ártabra"

Mañá, 23 de outubro de 2026, ás 19.00 horas, no centro cívico de Canido, inaugúrase a exposición Letras Galegas para a Eternidade: Epitafios da Costa Ártabra.

No acto intervirán a antropóloga Emma Pedreira e Bernardo Penabade, coordinador do proxecto Palabra e memoria. Na creación desta exposición, participaron tamén o Grupo de Investigación en Experiencia Turística da Universidade da Coruña, a Deputación Provincial, a Asociación Veciñal Muíño do Vento e o Concello de Ferrol.