As escolas Semente son premiadas no Carballiño pola Asociación Avantar
22/10/2026
A innovación pedagóxica e o labor de inmersión lingüística en galego valéronlle ás Escolas de Ensino Galego Semente o galardón correspondente ao III Premio Ernesto Atanasio "O Corcheiro".
O acto de entrega do premio será o sábado 24 de outubro de 2026, ás 19.30 horas, no salón de actos do Casino do Carballiño. A Asociación Cultural Avantar, fundada en 1974, recoñece deste xeito o labor de persoas ou colectivos destacados pola súa contribución á cultura e á lingua galegas.