O CIEMEN impulsa a actualización da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos
23/10/2026
O Centro Internacional Escarré para as Minorías Étnicas e as Nacións (CIEMEN) e o PEN Català reúnen o 23 e 24 de outubro de 2026 corenta especialistas de diversas procedencias e disciplinas co obxecto de actualizar a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos fronte a factores como a tendencia homoxeneizadora e a necesidade de reforzar a protección da diversidade lingüística. Tamén se pretende que o texto dea resposta a ámbitos como as redes sociais, as plataformas dixitais e a investigación, e que garanta o papel das linguas propias de cada comunidade na educación.
Desde Galicia, participa neste Comité de actualización Pilar García Negro, quen xa estivo no de elaboración da Declaración inicial. Tes máis detalles na web da Mesa pola Normalización Linguística.