----

“Vitamina G” para a promoción da lingua gana o 1º premio da XVII edición de EducaCompostela

O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Nova Escola Galega fan pública a decisión do xurado da XVII edición dos premios EducaCompostela de materiais didácticos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica.

O primeiro premio levouno o proxecto titulado Vitamina G, de Mariña Lema Blanco. Trátase dunha actividade de dinamización da lingua para estender o seu uso entre alumnado, familias e comunidade escolar a través de recursos audiovisuais nos que os estudantes son os propios protagonistas.

Máis información na web de Nova Escola Galega.