Convocados os Premios Mil Primaveras a proxectos que valorizan a lingua galega
2/11/2026
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, convoca a oitava edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos que contribúen a valorizar o galego, co obxectivo de recoñecer e divulgar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística.
Poden optar a eles todas as accións, campañas, programas e proxectos que teñan como obxectivo principal fomentar a lingua e incrementar o seu uso e/ou prestixio e que fosen desenvolvidos, total ou parcialmente en 2023, 2024, 2025 ou 2026. O prazo de candidaturas remata o 31 de xaneiro de 2027.