Novembro para descubrir, rir e namorar da ciencia en galego na UVigo
5/11/2026
A Universidade de Vigo celebra o Día da Ciencia en Galego dándolle continuidade a dúas iniciativas exitosas e unha novidade. Por unha parte, publica a Escolma de Termos Científicos III, dedicada este ano ás matemáticas, á astronomía e á botánica.
A novidade na programación deste ano consiste nun programa de citas rápidas divulgativas co persoal investigador da UVigo. Seducindo con ciencias, que require inscrición gratuíta, terá lugar o 26 de novembro en Vigo: pola mañá no campus, para a comunidade universitaria, e pola tarde, no edifico Redeiras, aberto á cidadanía.