Xa podes facer as túas propostas para elixir a Palabra do Ano
5/11/2026
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren a campaña para a elección popular da Palabra do Ano 2026.
As propotas do público recolleranse ata o venres 20 de novembro de 2026 ás 23:59 horas no Portal das Palabras . Tras o anuncio das voces finalistas, a votación telemática permanecerá aberta ata o 16 de decembro. Saberemos cal foi a ganadora nas vésperas do Nadal.