Consulta e comparte o cancioneiro tradicional dixital "Foliada"
9/11/2026
Vítor Cancela, administrador de sistemas cunha longa bagaxe no mundo da música tradicional, presenta a aplicación Foliada. Este recurso permite consultar letras, escoitar as pezas que contan con gravación, buscar por palabras ou procedencia e gardar as favoritas. As persoas usuarias tamén poden ter un papel activo incorporando letras e gravacións para seren revisadas antes da súa publicación.
Actualmente pódese descargar en Google Play, mais non se creou por agora unha páxina propia para os iPhone. A alternativa consiste en compartir o url de Android abríndoo en Safari.