Volve o concurso "O galego ten aura. Memes polo galego"
20/11/2026
A Fundación Carlos Casares vén de abrir o prazo para a presentación de memes ao concurso O galego ten aura. Esta iniciativa diríxese a alumnado de ESO e Bacharelato, que debe crear unha proposta cómica ou divertida. Os gañadores levarán vales para mercar en librerías de barrio.
O prazo para participar remata o 15 de decembro. Tes toda a información para presentarte aquí.