----

O CCG acolle a presentación do Diccionario do surrealismo e surrealistas

Isaac Díaz Pardo, Natalia Fernández Segarra, Xosé Manuel Acuña, Xesús González Ferro e Andrés Fariña. Foto: CCG Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2010.- O CCG acolleu o venres pola mañá a presentación da publicación Diccionario do surrealismo e surrealistas (A Nosa Terra), unn libro que fai un percorrido pola historia do movimento desde os seus antecedentes, como o dadaismo, ata os diferentes grupos surrealistas que quedan a día de hoxe. O autor, Xesús González Ferro, explicou que engloba a aqueles que “entenderon o surrealismo, non como unha técnica creativa, senón como unha cosmovisión do mundo”. Por iso, no dicionario, alén dunha entrada sobre o surrealismo en Gailcia, só aparece Eugenio Granell ao entender que “nin Maruja Mallo, nin Urbano Lugrís foron realmente surrealistas”. A publicación, que se pon á venda o vindeiro xoves, terá un custe de 28 euros.