----

Mario Caciagli: "As rexións "rojas" de Italia só están hoxe amalgamadas polo total rexeitamento a Berlusconi"

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2010.- Mario Caciagli, catedrático de Ciencia Política na Universidade de Florencia, reflexionou hoxe no Consello da Cultura Galega sobre o ocaso da subcultura política nas rexións “rojas” de Italia (Toscana, Emilia e Unbria), de raiz socialista e comunista, e afectadas hoxendía polas crises, a económica e a da esquerda, e un nada disimulado distanciamento da política. “A amalgama mais forte é hoxe o rechazo a Berlusconi”, afirmou Caciagli, no seminario “Os sentidos das culturas”, que coordina Ramón Maiz. Falou Mario Caciagli, logo de percorrer as orixes e o apogeo da subcultura política das rexións “rojas”, do que queda, despois da caída do Muro de Berlín e a desaparición do Partido Comunista. “Queda unha forma de identidade comunitaria e territorial, formas de solidariedade, incluída a que se explica fronte aos novos inmigrantes, a pesar de que a integración de tantas e tan diferentes etnias é mais complicada hoxe do que foi integrar nos anos 60 e 70 aos inmigrantes que viñan do sur de Italia”•. E hai unha forte amalgama, en negativo, o rechazo total a Berlusconi. “Eso vale para os vellos e para os novos, para os antigos comunistas e para os que se interesan pouco pola política. O fenómeno Berlusconi é completamente extraño á cultura política destas rexións, especialmente a Toscana”. Claro que xogar á contra deste xeito ten os seus riscos e Caciagli non deixou de apuntar: “Se esta actitude é a súa derradeira herdanza, debemos entender que no momento en que Berlusconi desapareza da escea política italiana, a “subcultura roja” estará morta”.