Obradoiros de novas tecnoloxías e lingua no Concello da Coruña
11/2/2008
A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza cinco obradoiros sobre novas tecnoloxías e lingua, que se desenvolverán en diferentes asociacións da cidade. Nestes obradoiros incidirase na identificación do software libre en lingua galega co acceso ao coñecemento, coa utilidade e coas melloras do desenvolvemento social, ao tempo que se presentarán os recursos compilados no web recursosparaogalego.com. Se desexa máis información sobre as datas e os horarios desta actividade, prema aquí.