Albert Branchadell, Fermín Bouza, Antón Losada e Mauro Fernández analizarán o 1 de decembro "A situación sociolingüística actual"

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2009.- O seminario sobre “Lingua, política e sociedade en Galicia” comezará o martes 1 de decembro ás 09´30 horas no Consello da Cultura Galega. A primeira sesión dedicarase ao “Análise da situación sociolingüística actual” e contará coas intervencións dos relatores: Albert Branchadell, Fermín Bouza, Antón Losada e Mauro Fernández. No acto inaugural intervirán: Ramón Villares, Presidente do CCG, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, e Henrique Monteagudo, coordinador do seminario, que proseguirá en marzo, maio e xuño de 2010. Serán catro as intervencións previstas nesta primeira sesión: 10 horas.- Albert Branchadell, da Universidade Autónoma de Barcelona, presentará o relatorio “Análise xeral: política e conflictos lingüísticos no Estado español”. O retrucante será o profesor e ensaísta Antón Baamonde. 11 horas.- Fermín Bouza (Universidade Complutense de Madrid: “Análise: política, sociedade e lingua en España e Galicia nos últimos anos”. Retrucante: Xosé Manoel Núñez Seixas. 16 horas.- Antón Losada (Universidade de Santiago de Compostela): “Diagnose: a política lingüística das administracións galegas nos útlimos anos”. Retrucante: Nel Vidal Barral. 17´30 horas.- Mauro Fernández Rodríguez (Universidade da Coruña): “Diagnose: evolución da situación sociolingüística en Galicia nos últimos anos”. Retrucante: Xaime Subiela. TRES CITAS NO 2010 O vindeiro ano as outras tres sesións deste seminario ocuparanse dos modelos posibles de oficialidade e da regulación lingüística no sistema educativo, a situación sociolingüística nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico e dos modelos de convivencia para o futuro. O obxectivo final é a elaboración dun informe que recollerá unha selección dos relatorios e intervencións e un texto de conclusións sometido á consideración dos participantes. Este informe será tamén elevado ao Consello da Cultura Galega.