----

Proposta institucional do Consello da Cultura sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2009.- O Consello da Cultura Galega deu a coñecer hoxe unha "Proposta institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia", aprobada polo Plenario da institución. O documento foi presentado nunha rolda de prensa polo presidente, Ramón Villares, o secretario, Henrique Monteagudo, e o coordinador da Seccción de Lingua, Literatura e Comunicación, Víctor Freixanes. Pouco antes Ramón Villares fixera entrega da proposta á Presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e remitira tamén o documento aos grupos parlamentarios. O CCG propón  ao Parlamento que promovoa "a constitución dunha Comisiòn Parlamentaria que, oídas as institucións, colectivos e expertos que considere oportuno convocar, elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización Lingüística".

<ol>
<li>Descargue a <em><a href="http://consellodacultura.org/files/2009/11/proposta_institucional_ccg_lingua_galega.pdf">Proposta Institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia</a></em> (en PDF)</li>
<li>Escoite a <a href="http://www.culturagalega.org/mp3/ed_dia/not_15835.mp3">rolda de prensa de presentación</a> (en MP3)</li>

</ol>