Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Monfero
2/7/2008
O Concello de Monfero anuncia a convocatoria para a contratación temporal a tempo parcial dun técnico/a de normalización lingüística, que terá como principal obxectivo planificar e desenvolver as tarefas de asesoramento e dinamización lingüística que organice o Concello.
O proceso de selección é o de oposición libre. O prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de xullo de 2008. Se desexa consultar o texto completo da convocatoria, prema aquí.