A exposición "Ramón Piñeiro. Olladas no futuro" pode verse no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Organizada pola editorial Galaxia, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a FundaciónPenzol, coa colaboración da Consellería de Cultura, permite percorrer as aspectos máis significativos da vida e o legado dunha figura sobranceira radicalmente comprometida na defensa de Galicia, da súa lingua e da súa cultura. Ata o 31 de decembro.

