Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2009.- Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, quen se encontra estes días no Estados Unidos, destacou a sensibilidade e o decidido apoio de dona Carmela Arias y Díaz de Rábago, Condesa de Fenosa, a numerosas e importantes iniciativas e proxectos culturais e educativos a prol de Galicia. Lembrou especialmente a valiosa cooperación da Fundación Barrié de la Maza, integrante do Plenario do Consello da Cultura Galega, desde a creación desta institución en 1983.

