Xornada de formación en dereitos e estratexias lingüísticas
18/6/2009
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística, organiza esta xornada formativa que ten como obxectivos principais transmitir, dun xeito moi breve e sinxelo, a evolución sociolingüística actual e difundir os dereitos e deberes lingüísticos que nos asisten nos diferentes ámbitos sociais.
As sesións terán lugar o vindeiro 27 de xuño, a partir das 17:15 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche (Santiago de Compostela). Se desexa máis información, prema aquí.