----

Xénero e documentación: novo producto interactivo para consultar en liña

<img src="http://consellodacultura.org/files/2009/10/portada_xenero_documentacion.jpg" alt="portada_xenero_documentacion" hspace="4" vspace="4" align="left">Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2009.- Xa se pode consultar en liña a publicación interactiva <a href="http://consellodacultura.org/wp-content/xeneroedocumentacion/"> Xénero e documentación. Unha ferramenta de achega ao tratamento documental </a>, un recurso promovido pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega que ten como obxectivo ser un mecanismo áxil e adaptable ás necesidades e intereses das usuarias e usuarios do mesmo.

Nel recóllense os materiais compilados ao abeiro das xornadas Xénero e Documentación, que se celebraron no Consello os días 21 e 22 de xuño de 2007, e ofrécese a posiblidade de consultar en texto e en audio cada unha das ponencias, que nos aproximan ao tratamento da información desde perspectivas de xénero e/ ou feministas.