Presentado o simposio "Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea" a celebrarse do 3 ao 11 de novembro en Compostela

Santiago de Compostela, 5 de outubrode 2009.- O  Simposio “Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea”, que terá lugar entre o 3 e o 11 de novembro, organizado polo Instituto da Lingua Galega (ILG), o Departamento de Ciencias da Comunicación (USC) e o Consello da Cultura Galega, foi presentado hoxe por Ramón Mariño Paz, Rosario Álvarez e Ramón Villares. O simposio aportará estudios contextualizadores aos traballos recollidos no libro “Papés d´emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846” publicado polo CCG. No acto Ernesto González Seoane e Elisa Fernández Rei presentaron, respectivamente, os libros “A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas” e “Perspectivas sobre a oralidade”, publicados polo CCG e resultado das contribucións de senllos simposios organizados polo ILG.

Podes consultar na Mediateca do Consello as seguintes publicacións:

Perspectivas sobre a oralidade

A lexicografía galega moderna

Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846

O simposio, que se desenvolverá do 3 ao 11 de novembro en Compostela, no Consello da Cultura Galega, e nas Facultades de Ciencias da Comunicación e de Filoloxía, darálle continuidade ao traballo interdisciplinar impulsado polo CCG e publicado no libro “Papés d´emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846”. Serán, como explicou Ramón Mariño Paz, catro novas achegas desde outros tantos puntos de vista. A do historiador e Presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández e a do xornalista e editor Victor F. Freixanes. A das ciencias da comunicación sobre os inicios da prensa escrita en Cataluña (Jaume Guillamet), Euskadi (Javier Díaz Noci) e Galicia (Xosé Ramón Pousa, Xosé López García e Rosa Aneiros).

Os outros pntos de vista serán os da historia literaria (Anxo Tarrío)  e a lingüística (Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez, Ernesto González Seoane, Carme Hermida Gulías, Ramón Mariño Paz e Damián Suárez Vázquez). Os orgnaizadores teñen a intención de que o simposio sirva para presentar públicamente unha boa parte dos traballos que conformarán o futuro volume que ha compeltar os “Papés d´emprenta condenada”. O simposio conta co patrocinio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

COOPERACIÓN CCG-ILG

A directora do Instituo da Lingua Galega, Rosario Álvarez, e o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, subliñaron a importancia da cooperación entre as dúas institucións, desde a creaciòn do CCG en 1983. Cooperación plasmada nas actividades levadas a cabo e na publicación das actas dos simposios e outras contribucións. Publicacións como as da Serie Lingüística, que dirixen Rosario Álvarez e Henrique Monteagudo, que poden tamén ser accesibles ou descargadas desde o web www.consellodacultura.org

DÚAS NOVAS PUBLICACIÓNS

A esa serie pertencen os libros “Perspectivas sobre a oralidade” (editores Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira Fernández) e “A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas” (editores Ernesto Gozález Seoane, Antón Santamarina e Xavier Varela Barreiro), que agrupan os traballos dados a coñecer en anteriores encontros convocados polo ILG.