III Concurso de cartas aos reis magos no Concello de Ames
10/12/2009
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza o III Concurso de cartas aos reis magos. Todos os/as nenos/as de Ames que queiran participar neste concurso deben depositar as súas cartas, escritas en galego, nas caixas de correo real distribuídas por diferentes lugares do concello antes do vindeiro 29 de decembro.
Os reis magos contestarán todas as cartas recibidas e o 5 de xaneiro, durante a cabalgata real, eles mesmos farán a entrega dos premios.