----

Nelson Brissac explicou o proxecto "Arte/Cidade", de Sao Paulo-Brasil, na xornada "Arte+Espazo Público"

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2009.- Fronte á uniformidade da megalópolis, a experimentación alternativa; a proposta artística sobre o conglomerado urbano. Nelson Brissac, organizador e comisario do proxecto Arte/Cidade, actuante en Sao Paulo (Brasil) desde 1994, explicou así as liñas mestras da intervención sobre a cidade durante a súa intervención na xornada “Arte+Espazo Público”, celebrada hoxe no Consello da Cultura Galega, baixo a dirección de María Luísa Sobrino.


<!--more-->

O filósofo brasileño falou das diferentes fases do proxecto Arte/Cidade e a concepción da cidade como “un espazo complexo e dinámico, en permanente cambio, no que xurden novos e inusitados modos de circulación”. Un territorio no que as intervencións artísticas de Arte/Cidade procuran “cuestionar o status e os procedimentos convencionais da arte, da arquitectura e do urbanismo porque para enfrontar as trransformacións da globalización é necesrio trascender as técnicas e os enfoques establecidos”.
Nelson Brissac explicou que as obras de Arte/Cidade non son propiamente proxectos arquitectónicos e urbanísticos, senón “•estratexias alternativas para a reestructuración global da cidade  e para implementar políticas urbanas descentralizadas que permitan dinamizar  zonas sen xenerar unha concentración excluínte”. Trátase, en definitiva, de intensificar o impacto urbano, cultural e social e a perccpción que a poboación ten de todo eso, á vista do xogo dos distintos actores no espazo urbano.
En calquera caso, o obxectivo é evitar a espectacularización inherente ás estratexias de monumentalización urbana orientada cara ao marketing, a promoción inmobiliaria e o turismo cultural. Todo un desafío que cuestiona os procesos de reestructuración das cidades e a credibilidade das inciativas, sexan gobernamentais ou privadas. Ou o que é o mesmo, trátase de abrir un debate público sobre as alternativas de desenvolvemento urbano e de producción artística.