A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación organiza un curso de galego, que ten como principal obxectivo facer un repaso das cuestións dubidosas, problemáticas e confusas que adoitan aparecer no traballo diario dos profesionais da tradución.
As sesións terán lugar os venres 9, 16, 23 e 30 de abril e 7, 14, 21 e 28 de maio, en horario de 18:00 a 20:30 horas, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
O prazo de preinscrición remata o vindeiro 29 de marzo.
Se desexa máis información sobre o programa do curso ou os trámites da matrícula, prema aquí.