Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2009.- O Consello da Cultura Galega, en colaboración cos concellos de Santalla de Oscos (Asturias), Cervo e Ribadeo (Lugo), organizou as xornadas <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=946">"Antonio Raymundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos (1749-1809). Un grande empresario en tempos de cambios e de conflitos"</a>. As conferencias e ois coloquios comezarán o día 13 de xullo na Casa da Cultura de Santalla de Oscos e proseguirán no Ecomuseo de Cervo e no Auditorio de Ribadeo. Entre os relatores figura Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura.
<!--more-->
Na primeira xornada, en Santalla de Oscos, intervirán Pegerto Saavedra, Joaquín Ocampo, Alfredo Conde e Clodio González Pérez. Pola tarde haberá unha visita guiada a lugares da zona cun importante patrimonio industrial relacionado coa siderurxia.
O día 14 os participantes trasladaranse ao Ecomuseo de Cervo, onde están previstos os relatorios de Xan Carmona, Jesús Ángel Sánchez García e Fausto Dopico. Dedicarán a tarde a visitar os restos da arquitectura ibañista e o contorno da fábrica de Sargadelos.
O día 15 de xullo as conferencias desenvolveranse no Auditorio de Ribadeo e serán pronunciadas por Aingeru Zabala, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega,("A memoria perdida dos afrancesados galegos-1808-1810") e Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, que reflexionará sobre "Os homes de empresa e comercio: a chamada da terra". Pola tarde haberá visita guiada ao porto e á casa do Pazo de Guimerán.

