Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2011.- A Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega organiza a xornada de debate “As Ensinanzas Superiores de Música e Artes Escénicas no espazo Europeo de Educación Superior: situaciòn e perspectivas” a celebrarse o 10 de febreiro a partir das 16´30 horas. A sesión, que inaugurarán o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o coordinador da Sección, Maximino Zumalave, incluirá dous relatorios e unha mesa redonda. A inscrición é gratuita e pode formalizarse en: http://consellodacultura.org/?page_id=3109
O primeiro relatorio ocuparase do “Desenvolvemento dos novos plans de estudos e dos centros de ensinanzas artísticas: estrutura e obxectivos”. Intervirá Alberto Veintimilla Bonet, Director do Conservatorio Superior de Música do Pirncipado de Asturias.
O segundo, a cargo de Ángel Martínez Roger, Director da Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, abordará “A ensinanza da arte dramática no Espazo Europeo de Educación Supeiror. Boas prácticas e empleabilidade”
Finalmente os dous relatores participarán nunha mesa redonda xunto con Sergio Sieiro, profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña, e Juán Durán Alonso, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
O programa completo da xornada pode verse en: http://consellodacultura.org/files/2011/01/xornada_ensinanzas.pdf

