Comezou o Congreso internacional "O século de Xelmírez" analizando o acionar do arcebispo desde unha Galicia integrada no reino de Hispania
Ramón Yzquierdo Perrín, Henrique Monteagudo, Francisco Díaz-Fierros e Fernando López Alsina, durante a inauguración do Congreso que tivo lugar no Salón de Actos. (Foto: CCG)
Ermelindo Portela analizou no seu relatorio “Diego Xelmírez e o trono de Hispania. A coroación real de 1111” as relacións de poder de Diego Xelmírez, á luz da “Historia Compostelana” e concluiu que o neno coroado rei polo arcebispo na Catedral compostelá en 1111, Afonso Raimúndez, fillo da raíña Urraca e do falecido Conde Raimundo de Borgoña, non era o rei de Galicia, senón o “pequeno Emperador de Hispania”. Reinaría co nome de Alfonso VII desde 1126. O seu trono era o de León, auténtica sede regia do reino hispánico, a onde quixeron levalo os notables e Xelmírez ao día seguinte da súa fastuosa unción como rei .”A vella Hispania visigótica convertérase na Hispania feudal e nela estaba integrada a Galicia xelmiriana, territorio xa ben delimitado ao norte do río Miño, subliñou Ermelindo Portela.
IGREXA E POLÍTICA
Na sesión da mañá presentáronse tamén os relatorios “As relaçôes entre as sedes de Braga e Compostela e os primórdios da formaçao do Reino de Portugal”, de Luís Carlos Amaral (Universidade de Porto), que salientou o papel xogado por Braga na formación do reino de Portugal.
Klaus Herbers, da Friedrich-Alexander-Universität-Erlangen-Nürberg, que falou de “El papado en el tiempo de Xelmírez. Constancia y variación”, describiu a transformación das estructuras do Papado e a súa reafirmación nun tempo de papas e anti-papas. O paso da existencia dos “Papas” ao Papado romano e universal. Tranformaciòn que sucede no tempo de Xelmírez e na que é actor importante o Papa Calixto II, “gran protector de Compostela”. Sobre a política eclesiástica nese período e os esforzos xelmirianos por conseguir privilexios para a súa sede metropolitana, e para él mesmo, e as relacións coa poderosa Cluny, abundou tamén Ludwig Vones (Universität zu Köln).
Concluiu a sesión da tarde Carmen Lacarra (Universidade de Zaragoza) co
relatorio “La pintura románica en el Antiguo Reino de Aragón: intercambios estilísticos e iconográficos”.
SESIÓN INAUGURAL
O Congreso foi inaugurado a primeira hoxra da maña no curso dun acto que presidiu Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, en ausencia do Presidente Ramón Villares. Díaz-Fierros aludiu ao período xelmiriano como “un tempo luminoso para as artes e as letras, as ciencias e as técnicas e a atención á dimensión europea, que permiten falar dun antes e un despois de Xelmírez”.
No acto falou tamén o profesor Fernando López Alsina, catedrático de Histoira Medieval da Universidade de Santiago, en representaciòn do comité científico do congreso. Glosou a importancia de Xelmírez “non só polo que fixo, senón tamén polo que deixou e polo relatorio das súas actuacións”. Os oradores estiveron acompañados polos profesores Ramón Yzquierdo Perrín e Henrique Monteagudo, membros do comité científico.
VENRES 19
As sesións do Congreso proseguirán o venres e na mañá do sábado co seguinte programa:
10 h. “Artes suatuarias bizantinas y europeas en el siglo XII: aspectos iconográficos y litúrgios”. (Ángela Franco. Museo Arqueológico Nacional-Madrid).
11´30 h. “Diego Xelmírez e os inicios do románico en Galicia”. (Ramón Yzquierdo Perrín. Universidade da Coruña).
12´30 h. “Jaca, Toulouse, Conques e Roma: as pegadas das viaxes de Diego Xelmírez na arte románica compostelá”. (Manuel Castiñeiras. Universitat Autónoma de Barcelona).
16´30 h. “Diego Xelmírez e as raíces do LIBER SANCTI IACOBI”. (Fernando López Alsina. Universidade de Santiago de Compostela).
17´30 h. “Nas orixes da lírica galego-portuguesa”. (Henrique Monteagudo. Universidade de Santiago de Compostela).
SÁBADO 20
10´30 h. “Las reformas del siglo XII y su vertiente lingüística”. (Roger Wright. University of Liverpool).
12 h. “La Historia Compostelana en el panorama de la historiografía latina medieval”. Emma Falque. Universidad de Sevilla).