O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, xunto con todos os centros de ensino público infantil e primario do concello, presentan a campaña A escola, unha oportunidade para aprender.
Logo da aprobación do Decreto 79/2010, a campaña está especialmente dirixida
ás familias que van matricular os seus fillos/as no ensino infantil para o curso 2010-2011, co ánimo de que reflexionen sobre a necesidade de que os nenos/as poidan adquirir unha competencia plena en lingua galega.
Ademais dos folletos informativos deseñados especialmente para as familias de Pontevedra, os organizadores facilitan tamén unha versión xenérica deste texto co ánimo de que poida ser utilizado por todas as entidades que o desexen.