O galego estará no Liet International da man de Mafia Galega
6/10/2010
O vindeiro 27 de novembro de 2010 terá lugar en Lorient unha nova edición do Liet International, un festival creado en 2002 co ánimo de promover os grupos e artistas que cantan en linguas minoritarias.
Nesta ocasión o galego estará representado polo grupo de hip hop Mafia Galega, que interpretará o tema Billarda sempre.
En edicións anteriores a nosa representación correo a cargo de artistas como
Uxía (2004), Narf (2006) ou Boy Elliott & The Plastic Bags (2008).