Xa pode consultar na rede, en formato PDF, un novo número de Lingua Viva, boletín informativo do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
O número 50, correspondente ao terceiro trimestre de 2010, inclúe, entre outros contidos,
a presentación de diferentes proxectos desenvolvidos polo SNL (como “Meu! Coñecéndonos, descubríndonos”, “Camiño da Lingua”, ciclos de cine en galego...), un apartado con recensións de novidades bibliográficas, un artigo sobre os problemas coa toponimia do litoral e unha sección destinada á resolución de dúbidas lingüísticas.