Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009.- O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, pronunciará a conferencia inaugural do congreso “Educación e emigración (1900-1936)”, organziado co gallo do I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor”, o luns 29 de xuño, ás 20´30 horas no IES “Escolas Proval” de Nigrán (Pontevedra). Villares presentará o relatorio “Vellas e novas olladas sobre a emigración galega”. As sesións do congreso prolongaránse ata o 3 sde xullo e contarán coas intervencións de 23 expertos. O Consello da Cultura Galega colabora neste evento a través do seu Arquivo da Emigración Galega e, ademais, leva á ese escenario a súa exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, que tamén pode verse en Rosario (Arxentina).
<!--more-->
O congreso, que será inaguurado o día 29 ás 19´30 horas, está estruturado en tres grandes áreas temáticas: “Galicia no primeiro terzo do século XX”, “O labor educativo da emigración galega e as escolas da Unión Hispanoamericana Pro Val Miñor” e “Emigración e educación: de onte a hoxe”.
Entre os relatores figuran: Carlos Sixirei Paredes, Lourenzo Fernández Prieto, Pilar Cagiao Vila, Uxío Breogán Díeguez, Ruy farías, Xoán Carmona Badía, Xosé Manuel Malheiro, Antón Costa Rico, Rosa Pascual Abal, Miguel Santos Rego ou Mar Lorenzo.
Xosé Manuel Beiras pronunciará a conferencia de clausura o 3 de xullo ás 20 horas.
O comité organizador, que preside Carlos Méixome Quinteiro, programou tamén dúas actuacións musicais, un recital poético e unha visita nocturna aos petroglifos de Auga da Laxe (Vincios-Gondomar), guiada polo arqueólogo Xosé Lois Villar Pedreira.

