Xa pode consultar o novo número do Cartafol Dixital, boletín mensual editado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Entre os contidos deste número salientamos a entrevista a tres alumnos da Facultade de Dereito; a nova sobre o primeiro e-book nativo da USC, Educación e linguas en Galicia; e a presentación das iniciativas gañadoras do VII Premio “Luísa Villalta”.