O Colectivo Cultural A Nave das Ideas organiza unha charla coloquio titulada “Pero... Que raios é iso dos neofalantes?”, na que Belén Regueira, Sechu Sende e Daria Shornikova reflexionarán sobre a súa experiencia como neofalantes.
O acto, aberto ao público, terá lugar o 10 de decembro, ás 19:00 h, na Casa Galega da Cultura (Vigo).