----

Francisco José Viegas, director da Revista LER, partidario de maiores contactos persoais e institucionais entre Portugal e Galicia

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2010.-  Francisco José Viegas, director da Revista LER, amosouse partidario de acrecentar os contactos persoais e institucionais ente Portugal e Galicia, nomeadamente nos ámbitos cultural e literario. Así o defendeu no encontro que mantivo esta tarde na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, institución que ven de asinar un protocolo de colaboración co Instituto Camôes.<!--more-->

Os contactos persoais e institucionais terán de dar os seus froitos, mais haberá que lles dar o tempo que precisan e considerar os problemas que teñen a ver coas dificultades económicas, as complicacións administrativas, as vellas rutinas e tamén as realidades lingüísticas ao norte e ao sul do Miño, reflexionou o escritor portugués.

Xornalista e escritor, Francisco José Viegas dirixe a editorial Quetzal e a revista LER, de periodicidade mensual e cunha tiraxe de 12.500 exemplares. "Unha revista de libros; non unha revista literaria", afirmou iste activo colaborador de medios impresos e audiovisuais portugueses e tamén autor de poemarios, libros de viaxes e novelas.

Entre os asistentes ao encontro, presentado por Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, a quen acompañou Samuel Rego, do Insittuto Camôes en Vigo, estiveron Dolores Vilavedra, Blanca Roig, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Ballesteros, Carlos Quiroga, Xosé Soutullo ou Xosé Manul Figueiras.

Francisco José Viegas mantén o blog  <a href="http://origemdasespecies.blogs.sapo.pt">http://origemdasespecies.blogs.sapo.pt</a>       

Blog da revista LER: <a href="http://www.ler.blogs.sapo.pt">www.ler.blogs.sapo.pt</a>