Os vídeos das xornadas "Recepcións de Heidegger en Galicia", que se celebraron os días 3 e 4 de xuño pasados, xa están dispoñibles para a súa visualización. Estas xornadas pretenderon examinar a diversa influencia en Galicia do pensamento de M. Heidegger, distinguindo dous momentos na recepción do seu pensamento, o primeiro na posguerra e o segundo na democracia.
<ul><li><a href="http://consellodacultura.org/?page_id=923">Vexa aquí os vídeos desde a páxina web do Consello</a></ul></li>

