21 de febreiro: Día Internacional da Lingua Materna
21/2/2011
En novembro de 1999 a UNESCO declarou o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna. Dende entón, cada ano conmemórase neste día a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta, con programas e actividades destinados a preservar esta diversidade e a promover o plurilingüismo.
Co gallo desta celebración, a Secretaría Xeral de Política Lingüística difunde a presentación “Convida o galego”, autoría de Manuel Bermúdez Blanco, accesible en liña en diferentes formatos.