Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2009.- A influencia do filósofo alemán Martín Heidegger na cultura galega do pasado século, en pensadores como Celestino Fernández de la Vega, Domingo García Sabell, Rof Carballo ou Ramón Piñeiro, está a ser obxecto de análise e debate nas xornadas "Recepcións de Heidegger en Galicia", iniciadas hoxe e que continuarán maña no Consello da Cultura Galega. Filósofos e ensaístas como Ramón Rodríguez (Universidade Complutense), Andrés Torres Qjueiruga e Carlos Fernández fixérono hoxe. Mañá será o turno de Basilio Lourenço, J.M. Navarro Cordón e Félix Duque.

As consideracións sobre a importancia de Heidegger na cultura galega do século XX suponen tamén a reflexión sobre o ensaísmo galego e as preocupacións intelectuais da xeración que en 1950 crea a Editorial Galaxia co referente da Europa democrática e a europeidade de Galicia. Carlos Fernández precisou que a recepción do autor de "Ser e tempo" "axudará a revalorizar o concepto de saudade", definido por Ramón Piñeiro como "o sentimento da soidade ontolóxica do home".
A "saudade" virá coincidir coa "angustia" heideggeriana, segundo a expresión de Celestino Fernández de la Vega, tradutor da conferencia de Heidegger "A esencia da verdade", publicada en 1956, por vez primeira en España. Tradución que fixo posible o galego Domingo Carballo, profesor na universidade de Friburgo (Alemaña) onde impartía docencia, e fora reitor, M. Heidegger.
Andrés Torres Queiruga chamou a atención sobre "a fondura das intuicións e a lucidez das análises de Ramón PIeñiro" e sobre o feito de ter reivindicado, "A saudade en Rosalía", en contra dos tópicos sentimentais, "a fondura metafísica e a importancia dese concepto para unha vía antropolóxica da filosofìa".
As xornadas foron inauguradas por Francisco Díaz Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, xunto cos coordinadores: Carlos Fernández e Jorge Álvarez Yágüez. O vicepresidente salientou o feito da celebración destes encontros en homenaxe a Ramón Piñeiro, figura do Día das Letras Galegas-2009 e primeiro Presidente do Consello da Cultura Galega.
O PROGRAMA DO DÍA 4
As sesións continuarán o xoves, 4 de xuño cos seguintes relatorios:
10´30 horas.- “A recepción de Heidegger na Galicia democrática: diversidade dun influxo”. Basilio Lourenço, profesor de Matemáticas e ensaísta. 12 horas.- “A recepción de Heidegger en España”. J. M. Navarro Cordón (Universidad Complutense de Madrid). 16´30 horas.- “Heidegger e a Filosofía”. Félix Duque (Universidad Autónoma de Madrid).