O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago presenta esta aplicación en liña baseada no Dicionario de pronuncia da lingua galega, elaborado polo profesor Xosé Luís Regueira e editado pola Real Academia Galega en 2010.
A finalidade do dicionario é ofrecer un modelo de pronuncia da variedade estándar da lingua galega, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala. Ademais da transcrición fonética, a versión en liña do dicionario permite tamén escoitar a gravación das 60 000 formas recollidas.