Entréganse os XVIII Premios de publicidade en galego
11/10/2011
O Consello Asesor da RTVE-G e da CRTVG entregaron o pasado 7 de outubro os XVIII Premios de Publicidade en Galego, que teñen como obxectivo recoñecer o traballo realizado a prol da normalización lingüística por parte de empresas e entidades que se publicitan nos medios de comunicación.
Na categoría de radio, o anuncio gañador foi “Galicia, gárdasme o segredo?”, elaborado pola axencia Idea Creatividad y Comunicación para Turgalicia. No ámbito da televisión, o galardón recibiuno a campaña para Caixa Galicia “Toda Galicia quere seguir crecendo”, da axencia BAP&CONDE. Nesta edición a modalidade de internet quedou deserta, por decisión do xurado.