Santiago de Compostela, 6 de maio de 2009.- Os datos do segundo trimestre de 2008 da Enquisa de Poboación Activa indican que o emprego no sector da cultura en Galicia pasou de 23.300 ocupados a 26.000. Esta cifra rompe a tendencia negativa de 2007, que mostraba o primeiro descenso desde que existen datos sobre emprego cultural en Galicia. Ao mesmo tempo, esta subida supón un incremento sobre o total do emprego galego, pasando do 1,9% ao 2,2%. En termos absolutos, 2008 só se ve superado por 2006 en 300 traballadores, dacordo cos indicadores manexados polo Observatorio da Cultura Galega (Consello da Cultura Galega).
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
Fonte: Instituto Nacional de Estadística. Encuesta de Población Activa Comparativamente, Galicia tivo un comportamento mellor que o total de España, onde o crecemento tamén foi positivo. En termos porcentuais, o emprego cultural en Galicia incrementouse un 11,6%, mentres que no conxunto do estado o aumento foi do 2,2%. Por comunidades, Galicia é a sétima en incremento relativo. As comunidades onde descendeu o emprego cultural son Madrid, País Vasco, Cataluña, Aragón e Baleares. O emprego no sector da cultura en Galicia tivo ademais un comportamento mellor que o total do emprego (no mesmo período de referencia, o incremento da poboación ocupada foi de 0,4% en Galicia).