Santiago, 5 de maio de 2009.- De acordo co previsto na cláusula oitava da Resolución do 23 de febreiro de 2009 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dezasete bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega, e unha vez realizada a avaliación dos méritos e recibidas as propostas das comisións de valoración correspondentes, procédese á publicación das listaxes provisionais de bolseiros/as cunha relación nominal dos/as beneficiarios/as e suplentes.
O prazo de exposición destas listaxes provisionais será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.
<a href="http://consellodacultura.org/files/2009/05/listaxe_provisional_bolseiros_dog_43_20090303.pdf">Pode descargar a listaxe aquí (en PDF)</a>

