Santiago de Compostela, 29 de abril de 2009.- O ANUARIO DE ESTATÍSTICAS CULTURAIS 2007, elaborado no Consello da Cultura Galega, describe un panorama positivo da evolución do sector nese período. Destaca tamén o número de empresas (3.565 cun incremento do 7 por cen) que empregan a 23.300 persoas, o que supón case o 2 por cento da do total do emprego, aínda que se perderon tres mill empregos respecto de 2006. O traballo foi realizado polo Observatorio da Cultura Galega do CCG en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte e o Instituto Galego de Estatística e presentado hoxe polo Presidente, Ramón Villares, e o coordinador do Observatorio, Hakan Casares. O informe, de 370 páxinas, pode descargarse en: <a href="http://consellodacultura.org/observatorio/">http://consellodacultura.org/observatorio/</a>
<!--more-->
O Anuario 2007 é o segundo elaborado polo Observatorio da Cultura Galega-CCG, da novos pasos no estudo e análise continuados no tempo do universo cultural galego na procura dun marco estatístico cultural propio e un dignóstico veraz sobre a situación do sector, como explicou Ramón Villares.
Os datos máis significativos indican un notable aumento dos espectáculos de teatro, danza e música, así como no número de libros publicados e no incremento dos usuarios das bibliotecas. Pola conta, constátase as caídas de maís do 11 por cento do nùmero de espectadores nas salas de cine e do 7 por cento nas visitas aos museos. Con todo, o consumo cultural das familias galegas presenta unha tendencia alcista cunha media de 757 euros. Tamén é progresivo, con algunhas variacións, o gasto público en cultura por parte da Xunta de Galicia no período 2000-2006.
O Observatorio da Cultura Galega traballa agora na elaboración do Anuario 2008.

