Axudas para a edición en lingua galega de materiais didácticos
26/12/2011
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.
As axudas están dirixidas ás empresas mercantís do sector editorial e o prazo para a presentación de solicitudes remata o 3 de febreiro de 2012.
Se desexa consultar o texto completo da convocatoria, prema aquí.