Santiago de Compostela, 21 de abril de 2009.- Os presidentes do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e da Fundación Luís Tilve, Xesús Mosquera, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para a realización conxunta de actividades de promoción cultural. 
<!--more-->A colaboración terá en conta aspectos como a realizacion de cursos, conferencias e coloquios, a programación de actividades de formación nas áreas de historia e ciencias económicas e sociais, o intercambio de publicacións e materiais didácticos e a súa elaboración, edición e distribución. O protocolo contempla asemade a organización de actividades en colaboración con outras institucións.O Consello da Cultura Galega é unha instituciòn creada, conforme ao artigo 32 do Estatuo de autonomía, por Lei do Parlamento de Galicia (Lei 8/1983, do 8 de xullo), que ten como obxectivo a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.A Fundación Luís Tilve é unha institución cultural privada, declarada de interese galego, que se ocupa de xestionar o arquivo histórico e a biblioteca de UGT-Galicia e de investigar e difundir a historia do movemento obreiro en Galicia.O Consello da Cultura Galega ten en marcha protocolos de colaboración con entidades como a Fundación Dez de Marzo ou a Asociación de Escritores en Lingua Galega, entre outras.