FalaRedes, programa de dinamización lingüística para a Administración local
16/3/2012
A Secretaría Xeral de Política Lingüística presenta FalaRedes, un programa de dinamización lingüística dirixido ás máis de 90 entidades locais que están adscritas á Rede de Dinamización Lingüística.
O programa integra tres proxectos: Galego de cine, dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos, achegaralle ao público infantil as mellores curtas de animación en galego; Títerehop, dirixido a mozos/as de 13 a 17 anos, estimulará as dotes artísticas dos adolescentes a través de obradoiros de títeres e hip-hop; e O señor das dunas, dirixido a todos os públicos, ofrecerá unha selección de contos tradicionais ilustrados sobre a area.
As actividades desenvolveranse entre marzo e decembro de 2012. No web da SXPL pode consultar as datas e lugares concretos onde terán lugar.