----

Segunda edición do agasallo sincronizado para o mundo

O colectivo GalegoLab promove a segunda edición do proxecto Agasallo sincronizado para o mundo, que ten como obxectivo conseguir que o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o galego se escoite de xeito sincronizado nos cinco continentes.

Trátase de que a partir dunha mesma partitura, todos/as os/as artistas que o desexen fagan a súa propia versión e a poñan a disposición do público en YouTube. Deste xeito, o vindeiro 17 de maio todos poderemos compartir cos nosos coñecidos a versión que máis nos guste, provocando unha distribución en rede que permita que o galego se escoite ese día nos cinco continentes.