----

IV Certame de Cinema OUFF Escola

O Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF) e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o IV Certame de Cinema OUFF Escola, que se desenvolve no marco do XVII Festival de Cine Internacional de Ourense.

A iniciativa, que ten como obxectivo promover o galego entre a mocidade, está destinada ao alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2011-20121, ao alumnado de fóra de Galicia que teña no seu currículo materias de e en lingua galega e aqueles que participan no proxecto Ponte…nas ondas!

O prazo para enviar as obras remata o 29 de xuño de 2012.