No que atende a súa faceta como pedagogo, o presidente do Consello da Cultura Galega destacou a pegada que a experiencia educativa da Granxa-Escola de Barreiros (Ortoá, Sarria) na que confluíron a súa vocación docente e a súa paixón pola agricultura. “Avelino Pousa formou parte desta falanxe de expertos agrarios, como mestre, como autor de artigos de xornal e de folletos, como directivo de empresas do sector e como defensor dunha alternativa cooperativista para resolver a integración da pequena labranza no mercado” puntualiza o Ramón Villares.
O Consello da Cultura subliñou compromiso galeguista cunha “longa militancia primeiro nas Mocidades Galeguistas, na participación na campaña do plebiscito do Estatuto de Autonomía” e que logo quixo reconstruír cunha restauración do Partido Galeguista a finais dos anos setenta, do que foi Secretario Xeral.
O presidente do Consello destacou a “coherencia e o exemplo da executoria vital” de Avelino Pousa Antelo sen a cal a “textura cultura, política e cívica da Galicia autonómica tería sido outra”.


