O curso comezou o mércores 5 de setembro ás 17´30 horas cos relatorios "A obra narrativa de Carlos Casares" de Ángel Basanta, presidente da Asociación Española de Crítica Literaria; e "A achega de Carlos Casares ao ensaísmo galego", da profesora Olivia Rodríguez González.
Previamente no acto inaugural interviron a directora do curso e Xosé Luís Barreiro Rivas, director da UIMP de Galicia.
As sesións desenvolvéronse dacordo co seguinte programa.
XOVES 6
10 h. "Xornalismo(s) e arredores na obra de C. Casares" (Iago Martínez, xornalista).
12 h. "O diálogo de Casares co mundo da infancia". (Monserrat Pena Presas, filóloga).
17 h. "Carlos Casares, tradutor, mediador e axente literario na historia contemporánea da literatura galega" (Iolanda Galanes e ana Luna, do Grupo BITRAGA da Universidade de Vigo).
19 h. Mesa redonda moderada por Dolores Vilavedra con Antón Baamonde, ensaísta, Bieito Iglesias, escritor, e Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, escritor e profesor.
VENRES 7
10 h. "Notas sobre o humor na narrativa de Casares". (Marina Mayoral, escritora e catedrática).
12 h. "Casares e Galaxia, Casares en Galaxia" (Dolores Vilavedra).
17 h. "Os espazos literarios de Carlos Casares" (María López Sández, profesora).
Os asistentes xiraron logo unha visita á exposición "Gallaecia pétrea" no Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Galicia.


