----

O galego, chave para os teus negocios no mundo

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentan a campaña “O galego, chave para os teus negocios no mundo“, que ten como obxectivo promover o galego como lingua dos negocios, tanto dentro de Galicia como no ámbito internacional.
O galego, chave para os teus negocios no mundo

Aproveitando que máis de 200 millóns de persoas falan portugués, a iniciativa céntrase en animar o empresariado do país a que explote as potencialidades do galego como lingua de comunicación no ámbito cultural e empresarial da Lusofonía. Para ampliar esta información, prema aquí.